Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

BISCOITO DE LARANXA

€12,65
ISBN 9788411762205

A familia, desde a nosa chegada ao mundo, define a forma de nos relacionar, de amar e de existir, sendo, xeralmente, un espazo de opresión.
Biscoito de laranxa pretende mergullar o lector no proceso de perda dun ser querido e nas tensións que se xeran dentro do núcleo familiar. Unha obra sobre a conexión coa terra, aferrando a memoria á carne para sentir as costuras das relacións e o seu abafo existencial.
Chapela, cunha obra epitáfica, indaga no amor e nas mostras da ausencia, creando un canto cara ás mulleres que, amándonos, nos ensinaron a amar.

Daniel Chapela
(Meiro, Bueu, 1999) é dinamizador cultural, filólogo e político galego do PPdeG, centrado na investigación da documentación medieval e no desenvolvemento de proxectos de difusión da cultura e lingua galegas. 
No ano 2022 fíxose co 2º premio Xuventude Crea, na categoría de poesía, con
Biscoito de laranxa, obra que, ampliada, constitúe a súa opera prima.
Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de proxecto literario en rede, por O Arquivo das Trasnas, con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira.
2º premio no Xuventude Crea 2022, por Biscoito de laranxa.
2024: 3º premio do concurso literario Mazarelos. O xurado premiou a súa obra Amelia, unha plaquette ou pequeno conxunto de poemas
Foi fundador, xunto con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira, da asociación cultural O Arquivo das Trasnas, que organizou as xornadas "Literatura nas marxes. A creación alén do canon"e "Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar".
Tamén participou na produción do documental Xela Arias. Poeta nas marxes.
Foi elixido coordinador de Cultura do PPdeG no congreso de maio de 2022.
Presentouse ás eleccións municipais de 2023 de Bueu na candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro.

____

Editorial: Galaxia 06-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 78
cOL: DOMBATE