Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CARNÉ DE IDENTIDAD

€16,00
ISBN 9788493885991

Ler a Darwix é ler Palestina coa voz dun dos seus poetas máis sobranceiros. A chave, aOliveira ou a Kufieh son símbolos en ambos, reflectidos nesta escolma de 48 poemas. Neles repásase a historia de Palestina; dende os tempos bíblicos dun Iussof axeonllado, expulsado e enganado; pasando por unha terra que cheira a café, laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios. Ademais, Darwix lembra algúns dos seus amores e amizades e recorda que, mala ter un carné sen cifras, ten nacionalidade: árabe. Un árabe famento de liberdade que non cesa na súa procura e que advirte do límite da súa paciencia.

Nacido en al-Birwa, unha aldea de Galilea, en 1941 baixo o mandato británico, Mahmud Darwix foi expulsado da súa terra en 1948. Despois dun ano coma refuxiado en Líbano, a familia decidiu volver ao que daquela xa era o estado de Israel, vivindo coma ausentes-presentes en Deir al-Assad. Unha vez rematados os estudos de secundaria, Darwix trasladouse a Haifa, onde se uniu ao partido comunista israelí e colaborou con dúas das súas publicacións: al-Ittihad (A unión) e al-Lladid (O novo). O seu activismo político e poético levouno a varios períodos en prisión e a novos exilios: Moscova, Cairo e Beirut, de onde saíu tras a invasión israelí do país. Nos anos seguintes fundou a revista literaria al-Karmel, presidiu a Asociación de Escritores Palestinos e creceu o seu recoñecemento literario, moitas veces musicado por intérpretes coma Marcel Jalife. Con máis de trinta libros publicados, a maioría en verso, Mahmud Darwix morreu en 2008, deixando un gran legado poético que, por primeira vez, ve a luz en galego.

_____

 Editorial: Barbantesa

Idioma: Galego