Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ARQUEOLOXIAS DE AMOR PARA A CIDADE NOVA

€15,00
ISBN 9788412874129

Arqueoloxías de amor para a cidade nova é un libro que penetra na maquinaria do tempo e nos devolve directamente á axitación da chamada “década marabillosa” dos oitenta, cando aínda se sentía a represión do franquismo na carne pero tamén o impulso gozoso de deixar atrás a escuridade. É por eses anos, entre 1981 e 1982, que Francisco Salinas Portugal se traslada a París e comeza a elaborar estes versos de sonoridade voluptuosa, afastados das claves sociais pero claramente enfrontados á orde moral da ditadura.
O pansexualismo, tan vinculado á corrente contracultural que se vivía na época, permítelle ao autor tracexar o debuxo paixonal do corpo, adentrarse na vertixe contraditoria do desexo e describir unha impetuosa pulsión homoerótica. O libro estivo a punto de publicarse en varias ocasións pero sempre acabou arrombado nun estoxo. Corenta anos despois, recuperámolo en Chan da Pólvora como se fose o prodixio dun cofre que garda dentro –intacto mesmo na grafía– un tempo onde medo e pracer conviven na casa.

Francisco Salinas Portugal (Güín, Bande, 1955) é unha das figuras máis esvaradías da poesía galega dos anos setenta e oitenta, na que participou como membro activo dos colectivos Alén e De Amor e Desamor. Discípulo de Carvalho Calero e experto nas literaturas de lingua portuguesa, Salinas Portugal publicou os poemarios Os habitantes da culpa (1988) e Boca de Cobra (2012), ademais de múltiples traballos ensaísticos, en especial sobre cuestións literarias da África lusófona, ámbito tamén da súa tese de doutoramento. Durante anos exerceu de profesor na Universidade da Coruña.

____

Editorial: Chan da Pólvora  07-2024
Idioma: Galego