O seu interese pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e teoría literaria, danza, dramaturxia, música, violín e teatro físico en universidades, conservatorios, escolas de danza e cursos de compañías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia, como o Instituto Grotowski, Odin Teatret, Peeping Tom, Batsheva Dance Company etc.
O seu traballo focalízase na performatividade do corpo e do xénero a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, a escritura e a performance art. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí en espazos como o Dance Base (UK) ou o Festival Contradança (Portugal). Inicia a andadura da súa propia compañía no 2022, na que dirixe e actúa, estreando a coprodución co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro do Alentejo de Come & Go.
No traballo da escrita, Helena Salgueiro publicou dous poemarios e unha obra de teatro, ademais de traducir a Kieran Hurley ao galego e participar en publicacións académicas e antoloxías de poesía galega contemporánea. Imparte workshops e da conferencias en distintas universidades, festivais e museos (UDC, USC, UCLM, CGAC, Curtocircuíto etc.)
É directora artística da compañía de teatro Columna Balteira.
____
Editorial: Esperal Maior 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 180
POESÍA