Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ALTA MAR, MAR ABERTA

€14,90
ISBN 9788419438355
Alberto González-Garcés mergúllase na intimidade con vibración lírica e emotiva. No seu plantexamento poético, a esfera do persoal, as experiencias da vida, os sentimentos e pensamentos suscitados polo decorrer dos anos e dos días constitúen o eixe da atención perceptiva. Así viaxa do goce do vivido á meditación existencial e á ferida elexíaca das experiencias que o marcaron con fondas pegadas.

Neste sentido, o libro é, en certo modo, unha autobiografía poética na que, ao lado das idas e vindas polas que os labores e os sucesos o foron levando, non faltan os aspectos dolorosos da existencia. E, ao lado da fiel e sentida homenaxe á súa familia, non deixa de xurdir a preocupación pola morte e o paso inexorable do tempo: os temas de hoxe e de sempre da condición humana.

____

Editorial: Medulia 04-2023
Idioma: Galego