Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A GUERRA ERA CONTRA NÓS

€12,50
ISBN 9788491216629
VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

«A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Que acontecería se a única linguaxe posible fose a poesía e a única ferramenta válida para narrar a metáfora? Os poemas de Carlos Da Aira falan de nós, da colectividade, da humanidade, convertendo a palabra nunha arma de conciencia, fuxindo do eu, do egocentrismo, e apostando polo amor como forma primeira de loita, rebeldía e violencia. Carlos Da Aira (Elgoibar, Gipuzkoa, 1972) dirixe en Allariz desde 2014 o festival de poesía Poemagosto, así como o roteiro Ponme un poema. A súa obra recibiu diversos premios, entre os que destacan o Poetry Slam Vigo (2015), Slam Poetry do Festival Alguén que respira (2018), o Premio Cidade de Ourense de Poesía (2018) ou o Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey (2019). Publicou os libros "Corpo a corpo" (2018), "Pólvora. Tipos, recomendacións, consellos e advertencias para un tempo de poesía" (2018), "Prender os fachos, compoñer os ósos" (2019) e "A guerra era contra nós" (Xerais, 2020).

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego