Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A BALADA DE AMOR E MORTE DO ALFÉREZ CHRISTOPH RILKE

€11,90
ISBN 9788419438324
De todos os poetas en lingua xermánica, Rilke é sen dúbida dos máis recoñecidos, e da súa obra, A balada de amor e morte do Alférez Christoph Rilke é unha das máis populares. Rilke tivo a idea de escribir A balada un día no que chegaron ás súas mans uns papeis familiares que falaban dun antepasado seu morto na guerra que os austríacos mantiveran cos turcos otomanos, alá polo século XVII. Nela relata os últimos días da vida Christoph Rilke de Langenau: a angustia da guerra, a nostalxia da familia, un efémero encontro amoroso na véspera da batalla e a morte heroica no medio do inimigo. A obra tivo un enorme éxito, e en vida do poeta foron vendidos máis de 100.000 exemplares. Hoxe presentamos esta tradución para que os galegofalantes poidan achegarse a ela.

____

Editorial: Medulia 04- 2023
Idioma: Galego