![PRATOS DO MUNDO](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/3281-thickbox_default-pratos-do-mundo-3281-e1469727015664_571x591.jpg?v=1611239070)
“Pratos do mundo” descúbrenos algunhas das comidas máis populares destes e moitos outros países. Vinte receitas explicadas paso a paso de pratos como a musaka búlgara, o bacalhau à Brás de Portugal ou as arepas venezolanas, ademais de sorpresas doces como a torta Selva Negra (Alemaña), o tiramisú (Italia) ou os panqueques con doce de leite (Arxentina).
A colección de Cociña infantil e familiar atravesa as fronteiras e achégase á gastronomía dos outros continentes. Desde Australia até Arxentina pasando por Xapón ou Alemaña, “Pratos do mundo” descúbrenos algunhas das comidas máis populares destes e moitos outros países. Vinte receitas explicadas paso a paso de pratos como a musaka búlgara, o bacalhau à Brás de Portugal ou as arepas venezolanas, ademais de sorpresas doces como a torta Selva Negra (Alemaña), o tiramisú (Italia) ou os panqueques con doce de leite (Arxentina). O libro vai ademais acompañado de múltiples consellos e recomendacións así como dun artigo que nos convida a facer unha viaxe ao redor do mundo a través da cociña dos cinco continentes.

____