MOSTRARIO DE TÉCNICAS PARA COSER, BORDAR E, NO SEU CASO, ZURCIR OS MOMENTOS QUE COMPOÑERÁN.
Chegou o outono e con el chega, un ano máis, a Axenda Cartoné para ofrecerlles aos lectores a súa compaña literaria para o ano que vén. Desta volta inspirámonos en mostrarios de técnicas de zurcido europeos e americanos dos séculos XVIII e XIX, cos que compuxemos a colaxe da capa. Porque aínda que a nosa intención sexa sempre que as cousas saian «bordadas», moitas veces as circunstancias fan esgazar os plans e cómpre estarmos preparadas para botar un bonito remendo alí onde sexa preciso. E quen sabe?, talvez esas puntadas acaben facendo máis fermoso o tecido dos nosos días.
____
Editorial: Irmás Cartoné 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 248
128 x 198 mm.
Encadernación rústica, cosida, con lapelas.
Tapas en cartón reciclado cor madeira de 250 g.
Tripas en papel cor óso de 90 g con certificado FSC.