Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

ALGAS MARIÑAS DE GALICIA. ECOLOXÍA, GASTRONOMÍA, INDUSTRIA.

€39,00
ISBN 9788483022634

Galicia é un país de 1.675 quilómetros de costa, dunha riqueza e diversidade únicas no mundo, o que faí das nosas rías un modelo de ecosistema irrepetible. Con este libro dase a coñecer por primeira vez unha obra sobre a bioloxía mariña de Galicia, con información oceanográfica e xeolóxica, a maís de botánica e zoolóxica. En moitos sentidos, Galicia vive aínda hoxe de costas ó mar, a ese mar no que os recursos pesqueiros e marisqueiros teñen un protagonismo indiscutible na economía do país. Esta guía é fundamental para coñecer o noso ecosistema mariño e valorar e protexer as posibilidades do litoral galego. Luís Míguez, Concepción González e Oscar García ofrécennos un estudio e catalogación dos espacios naturais marítimo-terrestres, unha interesantísima serie de roteiros para coñecer as nosas costas que satisfará por igual a observadores accidentais, afeccionados, naturalistas ou profesionais. A vexetación mariña cumpre a mesma función que as plantas no medio terrestre, osixena o medio e transforma os sales en alimento para que a enerxía do sol chegue a tódolos recunchos da vida no mar, poñendo en marcha o ciclo mesmo da vida. Aínda que, as veces, o seu aspecto pódenos parecer pouco atractivo, temos que considerar o seu traballo permanente como mantedoras da vida no mar. Galicia, con máis de 1.600 km de litoral, non pode manterse allea á riqueza que supoñen as algas mariñas, pois as nosas costas colócannos nunha situación de privilexio para a súa explotación. Algas mariñas de Galicia contén un ambicioso tratamento das macroalgas e as microalgas, desde o punto de vista biolóxico, industrial e gastronómico. Cunha información abundante, claves para a identificación e o tratamento de temas como as purgas do mar ou o fitoplacton, e con numerosos debuxos, esquemas e fotografías, os autores poñen a disposición dos lectores un campo pouco tratado pero especialmente importante para Galicia.

INTRODUCCIÓN
O MEDIO A zonación ..
Tipos de costa.
II. AS MICROALGAS O plancto ...
Constituíntes do fitoplancto ...
O fitoplancto en Galicia: afloramentos ..
As purgas do mar
III. OS MACRÓFITOS..
Consideracións evolutivas...
Consideracións sistemáticas...
Morfoloxía dos macrófitos..
Ciclos reproductivos..
Fotosíntese...
Importancia ecolóxica
As recén chegadas.
IN. CLAVES DE IDENTIFICACIÓN....
Clave de Rodophyta, algas vermellas...
Clave de Phaeophyta, algas pardas..
Clave de Chlorophyta e Cyanophyta, algas verdes e azuis..
V. DESCRICIÓN DAS ESPECIES DE MACROFITAS
Rhodophyta, algas vermellas..
Phaeophyta, algas pardas.
Chlorophyta, algas verdes ....
Cyanophyta, algas azuis...
VI. IMPORTANCIA INDUSTRIAL E APLICACIÓNS .
Composición química .
Utilización das algas ...
Derivados das algas..
Uso directo das algas..
Productos dietéticos
Productos de cosmética e beleza....
Alimentación do gando e fertilizantes....
VII. EXPLOTACIÓN E CULTIVO
A extración dos macrófitos O cultivo dos macrófitos ...
O cultivo dos microalgas..
VIII. GASTRONOMÍA
IX. RECOLECCIÓN E CONSERVACIÓN ..
Época de recolección..
Conservación para o estudio..
Conservación para o consumo ..
GLOSARIO
BIBLIOGRAFÍA
ÍNDICE ALFABÉTICO XERAL      

____

Editorial: Xerais 1998
Idioma: Galego
Páxinas: 286
MAR 
ECOLOXÍA
MEDIO AMBIENTE
MEDIO MARIÑO