Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦
OS IRMANDIÑOS. A GRAN REVOLTA NA GALICIA MEDIEVAL

OS IRMANDIÑOS. A GRAN REVOLTA NA GALICIA MEDIEVAL

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).
As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).