Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

A MEMORIA DOS MEUS PASOS

€12,00
ISBN 9788416121891
Hai unha semana, Paula mandoume unha estraña mensaxe de whatsapp: 'Venme buscar, por favor. Necesito que sexas ti' e non volvín saber dela. Por iso estou aquí, no Porto, na súa procura, pero semella que a tragou a terra talmente.

A Memoria dos meus pasos, novela de misterio ambientada na cidade do Porto, foi publicada por entregas diarias en Praza Pública cunha excelente acollida durante o pasado mes de agosto. Foron moitas e moitos as que seguistes con entusiasmo a viaxe ao corazón da escuridade portuense do protagonista na procura de Paula, esa súa misteriosa ex-amante que desaparece dun día para outro sen deixar máis rastro ca unhas desconcertantes mensaxes de whatsapp...

O autor

Dende que ten uso de razón, Carlos Meixide (Vilagarcía, 1977) concedeulle ao humor os mellores anos da súa vida, polo que non se pode dicir del que non teña sentido ningún... sempre poderá alegar o sentido do humor. Máis coñecido como Arturito Puy no seu rol de ‘guapito’ do senlleiro dúo cómico-musical Os da Ría, ninguén esquece tampouco o seu inefable compromiso coa lingua galega no personaxe de Lázaro Bernabé, quen se cortó la polla por el gallego nunha campaña que aínda hoxe conmove a patriotas e escépticos da nosa cultura. Por causa do seu acusado sentido do humor, a Meixide tamén lle pareceu divertido nun momento dado estudar a carreira de Xornalismo, mais logo entendeu que ningún fin xustifica os medios (galegos) e deixou de verlle o chiste á profesión. Contrariado e sumido na crise dos corenta, tomou daquela a resolución de lle dedicar menos tempo ao humor e máis ao diñeiro, e se fixo novelista. Nos últimos anos autoeditou as novelas Ons e Cans, aventuras vacacionais dun grupo de adolescentes; e Inge e Robbie, a viaxe ao corazón da escuridade compostelá dunha parella holandesa en crise. Unha década antes dérase a coñecer con O Home Inédito, primeira novela en galego editada directamente na rede (e máis tarde en papel por Edicións da Rotonda).

____

Editorial: Autor
Idioma: Gallego