Amelia múdase a unha nova vila fuxindo do seu pasado, mais... podemos escapar do que axexa no noso max¡n?
Entre as paredes do seu novo fogar descobre que a amizade pode transcender a morte, e que, como pasa con todo o importante, as rosas non son tan doadas de coidar como parece.
Alba De Evan Freijedo (Vigo, 1987) é licenciada en Historia pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. En coautoría con Xabier Domínguez publicou a colección Naturizo, de educación ambiental, que conta con dez títulos até o momento, e dous álbumes ilustrados: Fronteiras de papel e A superavoa de Antón. En banda deseñada estreáronse co guión de Miquits. No eido da novela infantil publicaron A bruxa Selana, A pulga espacial, Maxia de pedra, Segredos soterrados e Rolando. Un fío resistente. Tamén escribiron os biopoemas de Rosalía de Castro e Luis Seoane. A título individual publicou a novela Varetai, protectora de espíritos.
____
Editorial: Xerais 05- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 144
NARRATIVA
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO