Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

PIFOSTIO

€17,50
ISBN 9788411106863

O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor. Nada ten sentido. Todo ten sentido. É o Pifostio.

Samuel L. París é un escritor e poeta nado en Muros en 1984.

Licenciado en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Membro do proxecto Tinta de Lura, blogueiro e exbaixista do grupo Terbutalina e Thee Blind Crows. En 2023 creou o podcast A Catapulta, sobre poesía galega.

Publica en 2008 o Manual da destrución no Netlabel A Regueifa e en 2012 Inflamable en Edicións Positivas. Durante todo o 2013 escribe e publica un poemario completo á semana no seu blog. En 2015 publica, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos a man. En 2020 publica a “antoloxía” Internacional de Poesía Anarquista en Edicións Positivas. En 2023 lanza unha serie de novos poemas enviándoos en postais.

En 2024 publica o poemario O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo, con Edicións Positivas. Nese mesmo ano foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. A finais dese ano publica Poemarionova, un caderno de actividades poéticas, con Edicións Positivas.

En febreiro de 2025 publica o poemario O tenro é o salvaxe coa Editorial Galaxia. En maio de 2025 lanza Pifostio con Xerais, a súa primeira obra netamente narrativa, con 61 artefactos literarios.

Ten ofrecido numerosos recitais no país e fóra del e participado nos principais festivais e eventos poéticos.

Formou parte de Francamente Cariño, dupla responsable de podcasts como MBA Mal, Novo Novo Cinema Galego ou GAMESA. Na actualidade dirixe e presenta A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza, un programa sobre poesía que se emite mensualmente en directo nas canles de Youtube e Twitch de El Salto e que se pode escoitar en formato podcast.

Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, publicando sete traballos discográficos coa banda e actuando en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.

____

Editorial: Xerais 05- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 192
NARRATIVA