Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FLORIS E BRANCAFLOR

€17,00
ISBN 9788417388928

A Francia do século XII arrola cun eco occitano unha historia universal do amor mozo que vence as dificultades e os perigos. Con trama argumental traída do Oriente tece unha mensaxe de tolerancia e de paz para o Occidente en tempos de ferro e sangue. Máis ca diante dos cabaleiros da Apocalipse e da cruzada contra o Islam, estamos nun universo que pode evocar o amor cortés e as cantigas de amigo. Por iso se caracterizou esta composición como “romance de clerecía”. 

O conto de Floris e Brancaflor traza un universo diferente ao das cancións de xesta ou do amor artúrico e cabaleiresco, precedendo a novela bizantina e –de lonxe– ao amor romántico e inocente. Cunha riqueza e arte literaria na expresión que asombra para aquel tempo, o das primeiras falas dunhas linguas románicas aínda case na nenez.

A historia comeza nunha Galiza asolada por unha razzia musulmá, mais non será o único vencello co noso país que suxire o relato.

 

Robert D'Orbigny

O editor Jean-Luc Leclanche estabeleceu en 2003, mediante a comparación dos diferentes manuscritos do Conto de Floris e Brancaflor, o texto comunmente aceptado hoxe, que é o que seguimos para a tradución ao galego. Este texto que tería como autor un tal Ruoprecht von Orbênt que a comezos do século XIII é sinalado polo tradutor alemán do Conto, Konrad Fleck. Para algúns expertos equivalería en francés a Robert d’Orbigny, para outros a Robert d’Orléans. Calquera destes dous Robert é totalmente descoñecido.

____

Editorial: Rinoceronte 02-2023
Idioma: Galego