Despois de «Fisterra» e «Miño», ve a luz «Compostela», unha antoloxía de 22 relatos de autores e autoras galegos contemporáneos.
«A arte de escribir consiste en dicir moito con poucas palabras», afirmaba Chéjov, o pai do conto moderno. Un reto para quen crea e unha aventura para quen le. Nestes vinte e dous relatos de «Compostela» achegámonos á cidade dende diversas voces e olladas, mais tamén fuximos dela a arrabaldes de grandes urbes, a vilas pequenas ou a barrios con encanto. Neste paseo literario gozamos de voces consagradas no xénero e doutras que se inician, xeracións diferentes que dialogan nunha mesma lingua na que constrúen historias enraizadas en nós. Cada conto é mostra do gran momento literario do país, estas páxinas son un remuíño de bolboretas mergulladas na mesma luz, a da literatura galega. (Malores Villanueva) A cousa é que a nave foi. E con esta xa van tres... E esta, como di un amigo meu que canta moito e moi ben, «Partiu!». (Pedro Feijoo)
____
Editorial: Xerais 07- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 392
Idioma: Galego
NARRATIVA
RELATO CURTO