Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CADERNO DE BITACORA (HISTORIAS COÑECERMOS VIGO 9)

€11,00
ISBN 9788494878626

Oia foi unha das últimas parroquias da urbe viguesa en abandonar a vida rural agraria e mariñeira.

As fértiles terras e os abundantes recursos pesqueiros fixeron de Oia, xunto a Navia e Labadores, o celeiro que abastecía as tendas e mercados de abastos vigueses ata ben entrada a sociedade de consumo.

O novo estilo de vida afastou o gozo do tempo de lecer fóra do centro das cidades, de tal xeito que os areais de Canido, Fuchiños e tamén os da veciña Saiáns, convértense nos preferidos de moitas familias viguesas.

Os novos costumes provocaron a ocupación masiva da parroquia por parte da burguesia industrial e profesional trocando a morfoloxía da parroquia e as relacións de confianza entre a veciñanza, que van declinando, fronte ás urbanizacións pechadas vixiadas por cámaras de seguridade.

Caderno de bitácora é a historia dunha moza adolescente na que conviven as contradicións entre o mundo rural e urbano e mesmo a diferenza entre o mundo dos adultos, o da protagonista e o do seus amigos.

A cuadrilla vai madurando a través do respecto á natureza e á paisaxe, grazas a súas vivencias nos barrios e praias da parroquia de Oia.

____

Editorial: ELVIRA

Idioma: Gallego