O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinato do avogado Adrián Seivane. Aparentemente é un caso resolto, xa que policía detén a varios activistas do GIA (Grupo Independentista Armado) e case ninguén dubida da versión que ofrece a Consellería de Interior...
O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinato do avogado Adrián Seivane. Aparentemente é un caso resolto, xa que policía detén a varios activistas do GIA (Grupo Independentista Armado) e case ninguén dubida da versión que ofrece a Consellería de Interior, que apunta ás hostilidades militares da banda. Sen embargo, na corrupta cúpula da Consellería non confían nas súas propias mentiras e queren saber algo máis sen que interveñan as forzas de seguridade. Esa é a razón pola que, para solucionar o asunto, acuden a Horacio Dopico, que acepta o traballo porque desde que está divorciado cultiva a conciencia todos os vicios que se lle poñen diante do nariz. “Baixo Mínimos” é unha magnífica novela do xénero negro que abre a porta pola que entra na literatura galega o detective privado Horacio Dopico.
AUTOR
🎓 Formación e Primeiros Pasos Profesional
- Tres segundos de memoria (2006)
- Dime algo sucio (2009)
- Asasinato no Consello Nacional (2010)
- Conduce rápido (2014)
- O cervo e a sombra (2021)
- Un anarquista (2024)
- O derradeiro gimlet (2026)
- Premio Xerais de Novela (2006): Por Tres segundos de memoria.
- Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón (2011): Pola versión traducida de Dime algo sucio.
- Premio Antón Losada Diéguez (2015): Por Conduce rápido.
- Premio da Crítica de narrativa galega (2021): Outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios por O cervo e a sombra.
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego (2024): Pola súa calidade como articulista nos medios impresos.
____
Editorial: Xerais 2013
Idioma: Galego
Páxinas: 176
NARRATIVA