Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

ASKJA

€17,50
ISBN 9788411106955

Unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten. Premio Literario Pinto e Maragota.

Ana viaxa polo leste de Islandia con Xurxo, a súa parella, cando a erupción do volcán Askja pon en pausa a súa vida. Confinada nunha casa de hóspedes mentres agarda a evacuación, o tempo parece dilatarse e a atmosfera faise cada vez máis irreal. Ana aproveita a paréntese para rememorar varios episodios cos homes da súa vida e decidir se realmente está namorada de Xurxo. Porén, todo cambia cando Karen, unha das hospedadas, decide compartir con Ana a existencia dun cuarto secreto ateigado de caixas de música. Desde ese momento orixínase entre elas un xogo de sedución a través da palabra e crean unha burbulla íntima na que trocan cinza por desexo, abafo por ilusión. «Askja» é unha novela impregnada de nostalxia e tenrura, unha historia de amor que demostra como as cicatrices sandan máis facilmente cando se comparten

____

Editorial: Xerais 06- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 264
NARRATIVA