O que sabemos das plantas é moi pouco e este pouco é erróneo. Estamos convencidos de que as plantas non son capaces de percibir o ambiente que as rodea, cando a realidade é que son máis sensibles ca os animais. Estamos seguros de que o seu é un mundo silencioso, carente da capacidade de comunicarse, e en cambio as plantas son grandes comunicadoras. Estamos certos de que non manteñen ningún tipo de relación social, pero son organismos autenticamente sociais. Sobre todo, estamos segurísimos de que as plantas permanecen inmóbiles. Nisto somos inflexibles. As plantas non se moven. Basta con observalas. Non é precisamente esta a gran diferenza entre os organismos animais (é dicir,
Stefano Mancuso (Catanzaro, 1965) é un dos científicos de máis sona internacional. Profesor titular na Universidade de Florencia, dirixe o Laboratorio Internacional de Neurobioloxía Vexetal e é membro fundador da International Society for Plant Signaling & Behavior. Ademais de centos de artigos científicos en revistas internacionais de prestixio, ten publicados varios libros de divulgación sobre o mundo das plantas.