Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

ROMASANTA

por VV.AA.
€18,00
ISBN 9788416643288

Esta obra que analiza desde diferentes perspectivas: histórica, psiquiátrica, social, etnográfica, xudicial e xornalística "un suceso que foi moito máis alá dun feito delituoso, converténdose nun fenómeno social na súa época", afirma Manuel Baltar. Coordinada polo xornalista José Domínguez e o profesor Roberto Bustillo, Romasanta. Historia real dunha lenda, recolle un traballo de investigación de 30 anos, actualizado con novos datos sobre os feitos e o personaxe.

A publicación é un compendio do traballo de investigación realizado ao longo de case 30 anos, unha edición aumentada con respecto ao libro matriz que deu orixe a este texto con novos datos sobre os feitos e o personaxe, por parte de Roberto Bustillo, José Domínguez e Liño Blanco. Tamén se recolle o traballo realizado por David Simón, Xaqueline Estévez, María Vitoria Rodríguez e Mónica Minoshka Moreira, quen afronta o curioso caso do Doutor Philips que terció na Audiencia da Coruña por poder analizar a Romasanta. Pola súa banda, Roberto Bustillo analiza a estratexia procesual de Romasanta nas tres vistas que se celebraron para concluír coa condena do " home do unto", e o fiscal do TSXG, Antonio Roma, expón as teses da Fiscalía na Sala da Audiencia da Coruña, unha vez que a sentenza do Xulgado de Allariz foi sometida a consulta.

____


Editorial: Deputación de Ourense
Idioma: Galego