Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

ONDE O VENTO ME LEVE

€19,00
ISBN

Un home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe solitaria, percorrendo os mares todos e desembarcando só en illas. Unha viaxe que será longa, como di Kavafis que hai que pedir que sexan todas as viaxes. Non importa o destino, só importa a propia viaxe. E levará como compañeiros aos escritores que escribiron libros que lle fan soñar e aprender. Tamén estará acompañado polos seres mariñeiros que irá atopando, e cos que conservará sobre libros e á procura dun mundo mellor, e sobre o importante que é soñar.

Todo o que aquí se conta é verdade, porque o navegante cre no que afirma Pessoa no Libro do desassossego: o soñado e tan verdadeiro como o vivido, e o que a mente é quen de imaxinar tamén é igualmente verdadeiro.

  Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña 1962, é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.

Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.

Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".[4]

Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.


_____
Editorial: PIRAL MAIOR 05-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 181
NARRATIVA