Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O REGRESO DO MEU POBRE TÍO

€8,00
ISBN 978-84-123933-2-3

 O regreso do meu pobre tío ou Relato da súa viaxe á Lúa escrito por el mesmo e sacado á luz polo seu querido sobriño foi publicado en 1784 e está inspirado nas primeiras experiencias de voo aerostático.

Trátase dunha humorística recreación na que non custa recoñecer a sempre actual reflexión sobre as relacións humanas nas institucións, os costumes mundanos e o seu absurdo.

Este divertimento adoita clasificarse como unha mostra da literatura excéntrica, pola súa temática, arredor dunha viaxe á Lúa; e pola súa estrutura, en vista do desdobramento da voz narrativa e a presenza constante de digresións. Neste sentido, os lectores asisten a unha dobre perspectiva dos feitos: a que outorga o relato do protagonista da viaxe no corpo do texto, e a dos comentarios do sobriño, presentes nas notas a pé de páxina, testemuña e asemade editor do acontecido.
         
____


Editorial: Hugin e Munin 2021
Idioma: Galego