TRACA-TRACO. 24 CANTIGAS DE NANAR, UN ALOUMIÑO E UN ARROLO
por Librería Abrente
Agotado
€22,00
ISBN WP3324
Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.
CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo.
Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense. Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán. Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo). Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso Otero Regal. CONTIDO: — CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo — Pista de datos: Karaokes Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI Outras versións con karaoke Aplicación lectora de partituras Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades. Paco Rivas

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) en programas pedagóxicos e culturais onde fixo numerosas lecturas poéticas.
Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, publicou diferentes estudos, propostas didácticas, adaptacións literarias e traducións de carácter pedagóxico como Ensino e Análise Transaccional de Marie J. Chalvin (Laiovento, 1998). É salientable a súa traxectoria como lingüista e lexicógrafo, ámbito no que publicou diversas obras entre as que destacan as realizadas no campo da lingua mariñeira, como Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000) ou o Dicionario Fraseolóxico do mar. No ámbito da poesía publicou numerosas colaboracións en revistas e participou en escolmas poéticas.
____