Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SON DO FOL. MÉTODO INFANTIL DE INICIACIÓN Á GAITA

€20,80
ISBN 9788461578245

Contén CD con audios, videos e partituras.

Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” será o encargado de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedar con ela o resto das súas vidas.

O libro ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos.
Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego para podelas cantar, e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical.

A idea pedagóxica orixinal de Xaime Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.

____

Editorial: Asociación de Gaiteiros Galegos

Idioma: Galego