Desque a finais da década dos 70 no pasado século Emilio Cao, primeiro e Rodrigo Romanà despois, introduciran o uso da arpa céltica nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego, planteaba sobre a música de tradición oral, danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular, un longo camiño foi percorrido por grupos e solistas de todo o pais que incorporaron o instrumento proporcionándolle diferentes acentos e modos de interpretación. Particularmente a aparición da primeira aula dedicada a arpa céltica en Españaa no seo da Universidade Popular de Vigo en 1996, por empeño do luthier Ramón Casal e de Rodrigo Romaní, e o seu posterior desenvolvemento na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) na mesma cidade, marca un punto de inflexión determinante na creación dun estilo propio con acento galego.Milladoiro, Berroguetto ou máis recentemente Lulavai, Sete Saias, Roi Casal ou a sección de arpas da orquestra Folk Sondeseu, tiveron ou teñen vinculación coa Aula de Arpa Céltica da ETRAD. Hoxe podemos atopar neste fermoso recuncho atlántico cualificados intérpretes e constructores dun instrumento practicamente descoñecido en España hai tres décadas.
Â
En As Arpas de Breogán, Rodrigo Romaní presenta un traballo adicado ao son da arpa céltica e a súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta comporán un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria
_____
*Ur.: 1