Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos.
Pitusa Semifusa é proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía...
libro-disco, publicado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas, ‘Pitusa Semifusa‘, un impresionante proxecto musical comandado pola pandereiteira folk e que pretende, ademais de ofrecer un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico desta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz), aprenderlles aos nenos e as nenas as familias de instrumentos. Pitusa Semifusa é proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastras, Quim Fariña, Anxo Pintos ou Ramón Bermejo, entre outros. Entre todos eles argallan cancións que nos permitirán viaxar pola voz, os ventos, os metais, as cordas…nunha mestura musical e vocal diante da que ninguén quedará indiferente. Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa Semifusa, cantareira e festiva.

____