Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O ECO DAS ESTRELAS. MÚSICA MEDIEVAL NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Precio original €64,00
Precio actual €60,80
ISBN 9788409357192

Impresa en edición de luxo, tapa dura, estampado en ouro e con material gráfico inédito e exclusivo, esta obra que agora publicamos contén unha visión actualizada da música no noroeste peninsular na Plena Idade Media.

O libro, con textos de José M. Salgado, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea e Francisco Luengo, será unha obra de referencia para todos os lectores interesados na época medieval en xeral, na arte románica e no Camiño de Santiago, e imprescindible para os especialistas, pois achega un estudo rigoroso en cada un dos seus catro capítulos

Fotografar a música
A fotografía é un dos elementos máis coidados neste traballo. O seu autor, Xosé Manuel Salgado, percorreu o Camiño para captar aquelas imaxes que explicasen mellor a importancia da música nesa época e nese contexto.

O primeiro capítulo, “O ancián 23”, preséntanos a obra e aporta unha mirada curiosa sobre a construción do lintel do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

O segundo, “A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)”, introdúcenos na difusión da música nos mosteiros, na escultura musical da arte románica e na figura do rei David como salmista e músico, a peregrinación, os manuscritos onde se documenta a música dese período e na performance trobadoresca cos xograres e danzantes.

O terceiro, “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões”, céntrase, despois dunha necesaria contextualización histórica, no percorrido polo mundo da lírica profana en galego e polas súas orixes, os seus xéneros e textos, polas Cantigas de Santa María e polos vellos documentos que preservaron parte dese tesouro artístico, na súa notación nos códices, o mundo dos trabadores e os xograres, etc.

O último capitulo, “O mundo instrumental do Mestre Mateo”, é toda unha pormenorizada análise da obra escultórica musical do Mestre Mateo, a súa escola e os seus continuadores, cun detallado estudo de cada instrumento e onde tamén se fan propostas interesantes para unificar conceptos entre os especialistas, como pode ser a aportación dun glosario galego relacionado cos instrumentos musicais.

Cada capítulo inclúe, así mesmo, unha importante relación bibliográfica para que o lector, ou o investigador, poidan ampliar coñecementos consultando as fontes que se citan.

As numerosas fotografías, a gran maioría delas exclusivas e únicas, realizadas por José M. Salgado, foron impresas a páxina completa, ou a dobre páxina, coa intención de facilitar unha observación clara de cada detalle dos elementos que representan.

Unha obra única, rigorosa, actual, de contido enriquecedor, imaxes impresionantes e información imprescindible que a converten nun libro de referencia, de consulta necesaria, de lectura amena e fonte de información e coñecemento importante.

A IMAXE DA HARMONÍA UNIVERSAL
Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago
(séculos XII-XIII)

I A recuperación da escultura monumental en Occidente como recurso pastoral

II A vida monástica na difusión da música medieval

III Xograres e danzantes. Iconografía sacra e apuntamentos moralizantes na escultura románica

IV O rei David: soberano, salmista e músico

V Compostela e o Camiño de Santiago no século XII, espazo sacro de arte e música

5.1. A música do Códice Calixtino e as orixes da polifonía

5.2. O Cántico Novo do Pórtico da Gloria

VI A peregrinación a Santiago e a outros santuarios como inspiración musical e poética

VII A tradición galega, poética e musical, no scriptorium de Afonso X o Sabio

Conclusións

Bibliografía.

POESÍA E MÚSICA NA IDADE MEDIA HISPÁNICA CENTRO-OCCIDENTAL
Un crisol de culturas tecido en cobras e sões.

I Incipit

II Lírica profana e Cantigas de Santa María. As súas orixes: marco histórico

III A lírica profana galego-portuguesa. Coordenadas socio-culturais

IV Lírica profana e Cantigas de Santa María. Manuscritos

V Lírica profana e Cantigas de Santa María. Xéneros e textos

VI A música e a súa notación nos códices

VII A música referida. Léxico e iconografía musical na lírica galego-portuguesa

VIII Conclusión

Bibliografía

____

Editorial: Libros Canela
Idioma: Galego