Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

€17,90
ISBN 9788419438720

2ª EDICIÓN

“Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor “afinación”, mantiveron viva a chama da nosa tradición (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros.

Como escritor (ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción (“novela somerxida”, como cualificou Claudio Magris a súa obra O Danubio), un libro que vai máis aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico (incluídas algunhas historias peculiares, non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía, pasto do desleixo e do silencio. Un mundo que nos nutriu e nos segue nutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e preservar para ás futuras xeracións”.

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953). Poeta, ensaísta e narrador. Traducido a varios idiomas, a súa obra poética inclúe os títulos Solaina da ausencia (1987), Memoria de Agosto (1993), Casa última (2003), A melancolía dos corpos (2008) e Outono nos espellos (2017).

En narrativa, Anel de mel (1991) e Campo de Marte (1999).

En ensaio, No corazón de Galicia (2001), Sinais na area. Escritos sobre arte (2007), Miguel González Garcés, mineiro de luz (2009), Confesión de parte (2010), O escano baleiro (2011), Raíz e Canto (III volumes) e A invención dun Deus. Xesús de Nazaret (II volumes).

Premio Celso Emilio Ferreiro, Guimarães, Antón Tovar, Miguel González Garcés e Premio da Crítica Española en dúas ocasións (1994 e 2004). Asemade, foi galardoado co premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros (2001) e co da AELG ao mellor libro de poesía do ano 2009.

____

Editorial: Medulia  12-2023
Idioma: Galego