Libro-disco 'Luar Na Lubre XX - Encrucillada', resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración...
TEMAS DO CD:
Canteixeire
Romeiro ao Lonxe
Pola Ponte de San Xoan
Ancares
Camiño de Ibias
Ao tea Roa
Roi Xordo
Canto de Andar
Cantiga de Sta María (con Orquesta Sinfónica de Bratislava)
Centeás
Romance de Novembro
Os animais
Jig (Muñeira do Miño)
Memoria da noite
Schiarazulla Marazulla / A Carolina
El largo camino de Santiago (con Pablo Milanés)
Luar Na Lubre XX- Encrucillada é o vixésimo traballo discográfico de Luar Na Lubre, por unha banda agasallo para o seu público na forma de libro (divulgativo do seu percorrido de case corenta anos na historia da música folk na Galiza) - CD (integrado por dezaseis temas) e, por outra, un emocionante e agradecido encontro con amigas e amigos nese cruzamento de múltiples camiños no que Galiza e Luar na Lubre se unen a distintas e complementares expresións culturais.
A música de Galicia e a das Illas Británicas teñen bastantes similitudes. Tantas que, en ocasións son fácilmente confundibles. Scarborough fair (Romeiro ao lonxe) é un destes exemplos. Unha melodía tradicional inglesa que Luar Na Lubre adaptou incorporándolle unha letra marabillosa creada polo mestre galeguista Xulio Cuba. Nesta nova versión participan oito voces femeninas moi vencelladas ao grupo por diferentes motivos: Rosa Cedrón, Paula Rey, Sara Vidal, Marisa Valle Roso, SES, Irene Sánchez (Filandera), Anna Espinosa e Irene Cerqueiro que, xunto á actual voz do grupo, Irma Macías, danlle ao tema unha nova sonoridade con diferentes texturas. Unha delicia para os sentidos.
El largo camino de Santiago, con Pablo Milanés
Aquí tedes o primeiro single do noso novo Libro-CD, "Luar Na Lubre - XX Encrucillada"
Pablo Milanés é, sen dúbida, unha das voces máis emblemáticas da música cubana de todos os tempos.
Esta canción inspirada na música celta, o Camiño de Santiago e fundamentalmente no seu amor por Nancy, é unha creación de extraordinario valor. Agora, baixo a estética musical de Luar Na Lubre, grupo co que xa colaborara, afonda nun novo concepto
sonoro sen perder a esencia do fundamental e destacando o contexto da idea principal da súa composición. Unha combinación sensible, amable, respectuosa e atlántica... Do Caribe a Galicia, irmandade, néboa e tenrura. O longo Camiño de Santiago.
Moitas grazas querido Pablo, luz que guia, exemplo a seguir!
Xa está aquí o noso segundo single do novo Libro-CD, "Luar na Lubre - XX Encrucillada"!
Nesta ocasión contamos cun reencontro emocional e artístico, pois nos acompaña a extraordinaria voz de Rosa Cedrón, que regresa á familia Luar na Lubre para dar vida a esta nova versión de "Canto de andar".
Esta canción, que bebe dos antigos 'cantos de regreso' ao fogar no mundo rural galego, captura a esencia do sinxelo e cotián, mergullándonos na beleza dos pequenos detalles.
Non te
perdas "Canto de andar" na túa plataforma de música favorita e segue gozando da maxia de Luar na Lubre nesta viaxe musical inigualable pola encrucillada do tempo e a cultura!
------------
La música de Galicia y la de las Islas Británicas tienen bastantes similitudes. Tantas que, en ocasiones son fácilmente confundibles. Scarborough fair (Romero en la lejanía) es uno de estos ejemplos. Una melodía tradicional inglesa que Luar na Lubre adaptó incorporándole una letra maravillosa creada por el maestro galeguista Xulio Cuba. En esta nueva versión participan ocho voces femeninas muy vinculadas al grupo por diferentes motivos: Rosa Cedrón, Paula Rey, Sara Vidal, Marisa Valle Roso, SES, Irene Sánchez (Filandera), Anna Espinosa e Irene Cerquerio que, junto a la actual voz del grupo, Irma Macías, le dan al tema una nueva sonoridad con diferentes texturas. Una delicia para los sentidos.
______
Editorial: Baía 07-2023
Idioma: Galego
Ub: 2