JUAN MONTES CAPÓN: OBRA PARA PIANO
Montes non pasou á memoria histórica de Galicia polos seus traballos docentes ou polas súas creacións de salón, senón polos seus aires galegos, as súas baladas, suites etc., que multiplicou en pezas para banda, orfeón ou orquestra, en consonancia coa tónica xeral dos compositores románticos que pechan o século XIX cos consabidos aires rexionais. Así, cobran especial relevancia as súas muiñeiras, alalás e xotas, coas que Montes deu vida a todo un sentir xeneralizado que, non dubidamos, tiveron eco máis alá do atril do piano; tamén en faladoiros literario-musicais, cafés-concertos ou nas propias casas particulares, onde os aires rexionais consolidáronse como o estilo alternativo para os grupos de danzas populares que foron creándose en Galicia desde 1883 (Aires da Terra) como espello idealizado do que a vida rural proporcionaba. Os salóns lucenses coñecerían os coros galegos trinta anos máis tarde.
—Carlos Villanueva e Ilduara Vicente
_____
Editorial: DOS ACORDES 02-2023
Idioma: Galego
Ub: 1