Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ABAIXO E DE PÉ. GARCÍA MC

€11,95
ISBN

TEMAS

1. Rúa Arriba    03:14

2. Abaixo e de Pé   04:51

3. O oficio da Palabra  04:07

4. Amor e sangue en Chiapas  04:53

5. Rúa Abaixo  04:58

 

Abaixo e De Pé é o título deste traballo de García Mc compoñente do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew. Neste EP García mostra amor e rabia nunha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra.

É un traballo de artesanía feito localmente e que respira globalmente. Todas as letras son propias, agás o poema “Amor e sangue en Chiapas” de Lois Pereiro; o libriño interior contén ademais as respectivas traducións das letras a lingua castelá e inglesa por Daniel Salgado, Patricia Janeiro ou Jonathan Dunne. Está gravado e mesturado en Rapapoulo Estudio por Javier Mourón “Mou” tamén de DKTC que leva o peso ademais de case a totalidade da produción musical xunto co produtor Fredi Regos “Croma”; a masterización é do mítico Arturo Vaquero. No extenso apartado gráfico-artístico teñen a súa pegada dous recoñecidos artistas, o mexicano Gran Om e Xúlio Zé de Arinspunk. Colaboran ademais neste disco curto o mestre do trombón Antonio Rodríguez, o beat boxer Gende Beat, Emiliano Siem e Pepa Yáñez e a máis que destacada colaboración de Lengualerta o famoso artista mexicano, amigo persoal de García que coñece nas súas travesías musicais por México.

Rúa arriba e rúa abaixo faise o camiño” di, co oficio da palabra consciente expresándose ao redor da alegría e o amor, do sangue e de Chiapas e con toda a xente anónima que fai a digna historia dos pobos, a que non sempre está escrita e todo isto cun posicionamento claro: Abaixo, e de pé.

_____

Editorial: Ouvirmos 2012

Ur.: 1