Luís Euxenio Santos Sequeiros (A Pobra do Caramiñal, 1909 – Cangas, 2012) foi médico e guitarrista amador. Entre as súas composicións para guitarra están o “Fado”, “Trémolo a Conchita”, “Arrolo a Sabela”, “Muiñeira a Katuxa”, “Canción a Lucas”, “A Nanina” e outras. Na súa maioría son cancións dedicadas a persoas da familia.
As “Cancións para un neno que nace” compúxoas en 1993 para o seu neto Artai, cando estaba aínda no ventre da nai, tratando de interpretar a vida antes de nacer, suspendida no líquido protector, a oír os latexos dos corazóns e os diálogos somáticos de nai a fillo, ata cómo debe experimentar o explodir do libramento, coa irrupción da luz, o aire ó respirar, do choro, o berro e xa a vida autónoma. As cancións rematan cunha foliada de boaventuranza desexándolle éxitos e ledicia
TEMAS
1 – Cantiga do neno
2 – Cantiga da nai
3 – Cantiga do pai
4 – Cuento de las abuelitas
5 – Salutación
6 – Festexo
____
*UB. 1