Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

VEREDEVERE

€20,00
ISBN 9788494137983
libro de 56 páxinas e CD con 12 cortes Cun prefacio de Teresa Moure e deseños de Séchu Sende Este é o primeiro traballo de Guilherme e Bastardo, unha banda por definición heterodoxa e cuxo pulo fundacional é a hibridación de linguaxes e estilos, mais, por riba de todo, Veredevere é unha travesía utópica desde a música, a literatura e a visualidade, que integra o traballo de moitas persoas

Este é o primeiro traballo de Guilherme e Bastardo, unha banda por definición heterodoxa e cuxo pulo fundacional é a hibridación de linguaxes e estilos, mais, por riba de todo, Veredevere é unha travesía utópica desde a música, a literatura e a visualidade, que integra o traballo de moitas persoas procedentes de diferentes ámbitos e se sintetiza nun fermoso libro-obxecto de feitura artesanal, con cuberta serigrafiada, e un cd de músicas que percorre ámbitos tan amplos como extensa é a viaxe que a súa escoita propicia. No libro-cd poderedes atopar, alén das músicas e textos de Guilherme e Bastardo —que navegan entre o canto tradicional revisitado, a world music, o postpunk e a electrónica libertaria—, as colaboracións de Séchu Sende, Teresa Moure, Najla Shami, Mig Seoane e outr@s moit@s que fixeron parte desta común singradura, asi como as palabras musicadas de, Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud.

____

Editorial: RRXM AXOUXERE S.C. 07-2015

Idioma: Galego