Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MANUEL FERNÁNDEZ DÍAZ. MANUEL DO JUANO

por AA. VV.
€27,00
ISBN 9788409303441

Manuel Fernández Díaz, Manuel do Juano, é (xunto con Desiderio Sampayo, Constante Fernández e Modesto Arias) un dos derradeiros gaiteiros do que chamaríamos a vella xeración de músicos da montaña nas terras de Fonsagrada, depositario do importante repertorio e a técnica dun territorio rico en grandes intérpretes que se foron indo rapidamente nos últimos tempos.

No libro coñecerás a súa biografía e a dos outros dous compañeiros: Antón de Paradiñas e Dositeo do Fito, así como a das persoas que o influiron musicalmente e lle aportaron temas, as súas fontes musicais. Analízase a técnica, o estilo e o repertorio. Para contextualizar o tempo e as situacións nas que tiña a oportunidade de mostrar as súas aptitudes musicais, relátase como eran as festas e as xuntanzas de socialización ao longo do ano. Por iso encontrarás aquí sinxelas descricións das mallegas, dos roxois, da esfollada, dos instrumentos dos nenos-pastores, do Entroido… para evitar o seu esquecemento e para reactivar, no lector e na comunidade veciñal, a valoración polo patrimonio local herdado dos antergos.

Unha obra, en definitiva, que se torna indispensable para as persoas que aman a música tradicional e, especialmente, aos antigos gaiteiros e a toda a cultura que representan.

O libro vai acompañado dun CD con 26 temas interpretados polos membros do grupo local Amigos da Gaita que aínda viven: Manuel (gaita), Dositeo do Fito (tamboril) e Antón de Paradiñas (bombo).

Tamén contén un mapa despregable, do concello da Fonsagrada, de 420 x 594 mm, deseñado exclusivamente para esta publicación.

____

Editorial: Canela 2021
Idioma: Galego