Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DEIXÁDEME CANTAR

Agotado
€25,00
ISBN WP1636
O libro, titulado «Déixademe cantar», conta con máis de cen páxinas coas notacións musicais das cancións e o seu texto. O patrimonio musical de Ons, nun volume no que cantan os veciños da illa.

O Colectivo Cultural Isleño ven de xuntar nun libro e cedé a historia musical da Illa de Ons, no concello pontevedrés de Bueu. Un traballo de rigurosa documentación que recompila toda a tradición dos cantos típicos deste arquipélago galego. O título do traballo é Deixádeme cantar. O álbum, que xa está posto á venda nas principais librarías de Galicia, inclúe un material excepcional: a música da illa coa voz dos seus protagonistas, ademáis dun libro que conta con máis de cen páxinas e que contempla as notacións musicais das cancións e o seu texto. Este traballo correu a cargo do musicólogo Bautista Delgado. A gravación dos cantos dos veciños de Ons foi realizada polo antropólogo Staffan Mörling, e recopilada agora en forma de tesouro etnográficode primeira magnitude. Os temas foron gravados por Mörling en 1969 e 1972, cando, como ben explica o etnógrafo sueco, reuníronse JosefaOtero e os seus pais e irmáns para interpretar as cancións antigas que lembraban. «Como naquel currillo atopábanse moi xuntos, producíaseun ambiente de farra o harmonía moi propicio para cantar dun xeito espontáneo», indica.

____