Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

DIARIOS ZOMBI 1 – VACAPOCALIPSE!

€14,90
ISBN 9788418667848

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todos os adultos da miña cidade de Vilacú convertéronse en zombis, pero non os zombis carnívoros como os que ves nas películas devorando cerebros. Estes zombis son VACAS! Literalmente! Todo o mundo anda bruando e babando por aí adiante sen control ningún! E se a súa baba chega a ti… Non queiras nin imaxinar o que é vivir coma a protagonista dun Tetra Brik de leite!
Tolo, eh? Afortunadamente, os meus amigos e mais eu temos un plan para atopar unha cura.

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Guy Edmonds e Matt Zeremes son escritores, directores e actores gañadores do premio Emmy. Crearon, escribiron, dirixiron e actuaron na súa primeira serie infantil para televisión HARDBALL, da que se emitiron vinte e tres episodios durante dúas tempadas. A súa primeira serie de libros para nenos ZOO CREW publicouse en 2021 e fai gala da diversión e a imaxinación pola que Guy e Matt son coñecidos.
Cando eran estudantes, Guy era campión de escalada, tocaba o clarinete e o seu batido favorito era o de lima. Matt era campión de fútbol, gustaba de coleccionar cromos e almorzaba lasaña. Soñan con poñer algún día liteiras no seu despacho para poder tomar sestas despois do xantar.


_____

Editorial: Bululu 05-2023

Idioma: Galego