O SENTIDO DO ABRAIO. A CELEBRACIÓN DA NATUREZA PARA PERSOAS DE TODAS AS IDADES.
por Rachel Carson
Agotado
€11,00
ISBN 9788494915444
Este texto vai dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio.
Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962). Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia. Libro de de encadernación coidada con textos, fotos en branco e negro e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.
Idioma: Gallego

Rachel Carson
Rachel Louise Carson (1907-1964). Nada en Springdale (Pensilvania, EUA), Carson licenciouse en Bioloxía coa especialidade de Ciencias do Mar. Ocupou distintos postos profesionais no Departamento Federal de Pesca dos EUA. Como autora dedicouse á divulgación científica e as súas obras contribuíron a sentar as bases da conciencia ambiental e do ecoloxismo moderno. Especialmente coa publicación en 1962 de Silent Spring (Primavera silenciosa, 2015), en que denuncia o uso indiscriminado dos praguicidas, en especial do DDT. Tamén acadaron grande éxito as obras que conforman a denominada «triloxía do mar»: Under the Sea Wind (‘Baixo o vento do mar’, 1941), The Sea Around Us (‘O mar que nos rodea’, 1951) e The Edge of the Sea (‘O borde do mar’, 1955).____
Editorial: Catro VentosIdioma: Gallego