O agro galego é un terreo fértil en saberes. É coma unha grande universidade chea de mestras e mestres sabios dispostos a compartir parte do que levan aprendido da terra. Os protagonistas de Polo rego son xente que traballa o campo cunha especial paixón e experiencia nas plantas, na horta e nos seus froitos. Son quen de transmitir o que saben de xeito sinxelo, sen reviravoltas, con entusiasmo e humor.
Este libro recolle o mellor da 1.ª tempada do programa da TVG, con consellos sobre agricultura sustentable e xardinaxe, propostas de cestaría, trucos e remedios para a horta e as pragas, receitas para os froitos da terra, información útil sobre a compostaxe e ideas para aproveitar os beneficios das plantas silvestres. Con este libro entre as mans, todo vai ir polo rego! Estes son os protagonistas de Polo rego:- Carme (mestra de Sabores e Saberes)
- David (mestre de Podas e Pragas)
- Lola (mestra de Cestaría)
- Patri (mestra de Plantas Silvestres)
- Rosendo (mestre de Agricultura Sustentable e Xardíns)
- Yago (mestre de Horta na Casa)
____
Editorial: Catro VentosIdioma: Gallego