Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

PLANTAS MEDICINAIS E REMEDIOS CURATIVOS DA ETNOBOTÁNICA GALEGA

€25,00
ISBN 9788412911138

52 plantas medicinais e 110 remedios curativos.

O antropólogo Rafael Quntía e a profesora Pilar Silva combinan nesta obra o seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes.
O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. "Plantas medicinais e remedios curativos" aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa.
Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, asi como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados.
En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a través dos dons da natureza.

Presentación da obra..
A etnobotánica...
A fitoterapia...
Recolección, secado e almacenamento de plantas medicinais..
A recolección....
O secado..
O almacenamento....
Preparados medicinais....
Infusións...
Decoccións...
Maceracións...
Xaropes...
Tinturas..
Viños....
Oleatos...
Aceites esenciais..
Cataplasmas....
Compresas..
Apósitos.....
Emplastos...
Baños..
Bafos...
Locións.
Pomadas..
Gargarexos e enxaugues.
Lavativas e enemas.
Plantas medicinais na cultura galega.
Remedios curativos
Sistema imunitario.
Aparello respiratorio
Sistema nervioso.
Sistema cardiovascular.
Sistema dixestivo.
Aparello xenitourinario
Sistema endocrino e saúde hormonal.
Sistema musculoesquelético.
Estado febril
Boca, oídos, ollos.
Pel.
Beleza
Caixa de remedios herbais.
Bibliografía.

Rafael Quintía Pereira
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais, conta co Máster en Educación Secundaria Obrigatoria, Bachalelato e Formación Profesional (especialidade de Xeografia e Historia) e doutorando en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e no Centro lnteruniversitarió de Investigación en Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxla, Produción e Xestión Cultural S.LL, da que é socio fundador e administrador. Ademais, é profesor-titor na Universidad Nacional de Educaclón a Distancia (UNED), na que imparte as materias de Antropoloxia Cultural, Antropoloxía das Relixións, Antropoloxía Económica I e Psicoloxla Social.
É especialista en patrimonio inmaterial e proxectos de posta en valor do patrimonio, asi como investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia. As súas liñas de investigación céntranse fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. O seu traballo de investigación foi galardoado con cinco Premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2019), Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de Investigación Luis Cuadrado (2010). E autor de máis de vinte libros, de varias obras colectivas e dun centenar de artigos. No campo da antropoloxia visual realizou once documentais etnográñcos e históricos.
E membro do Observatorio Intemacional de Cátedra UNESCO da Universitat de Valéncia (Comité de Europa), membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxla Social e Cultural (AGANTRO), responsable de Patrimonio da Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo (pontevedra) e membro do Comité Académico de Amigos de la Cultura Celta.

Pilar Silva Moruja
Traballadora social, mediadora acreditada polo Ministerio de Xustiza, directora de Tempo Libre e artesá certificada pola Xunta de Galicia. Como traballadora social desenvolveu a súa traxectoria en entidades de atención sociosanitaria e do terceiro sector da acción social, asumindo responsabilidades na area de Traballo Social, coordinando escolas de tempo libre e promovendo programas de animación sociocultural.
Conta con experiencia como orientadora sociolaboral.
Dende o ano 2006 exerce como docente impartindo formación profesional regrada nos ciclos superiores de Integración Social, Educación Infantil,
Animación Sociocultural e Turística e no ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. E tamén formadora nos Certificados de Profesionalidade da familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Posúe unha ampla experiencia como traballadora social, docente, educadora e directora de Tempo Libre. Especialista en atención sociosanitaria, intervención con persoas en situación de dependencia, igualdade, desenvolvemento evolutivo, estimulacion cognitiva, educación emocional e acompanamento a familias en situación de especial vulnerabilidade.
Ademais, conta con formación en htoterapia; igualdade: mediación na rama civil, familiar, mercantil, intercultural, educativa e comunitaria e, actualmente, cursa o Grao en Antro- poloxía Social e Cultural.
É autora de catro libros de formación sobre atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e sobre actividades educativas de tempo libre.

____

Editorial: SAGA 10-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 276
NATUREZA
BOTANICA
PLANTAS MEDICINAÍS
ANTROPOLOXIA