Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ALGAS MARIÑAS DE GALICIA. ECOLOXÍA, GASTRONOMÍA, INDUSTRIA.

€30,50
ISBN 9788483022634
Galicia é un país de 1.675 quilómetros de costa, dunha riqueza e diversidade únicas no mundo, o que faí das nosas rías un modelo de ecosistema irrepetible. Con este libro dase a coñecer por primeira vez unha obra sobre a bioloxía mariña de Galicia, con información oceanográfica e xeolóxica, a maís de botánica e zoolóxica. En moitos sentidos, Galicia vive aínda hoxe de costas ó mar, a ese mar no que os recursos pesqueiros e marisqueiros teñen un protagonismo indiscutible na economía do país. Esta guía é fundamental para coñecer o noso ecosistema mariño e valorar e protexer as posibilidades do litoral galego. Luís Míguez, Concepción González e Oscar García ofrécennos un estudio e catalogación dos espacios naturais marítimo-terrestres, unha interesantísima serie de roteiros para coñecer as nosas costas que satisfará por igual a observadores accidentais, afeccionados, naturalistas ou profesionais. A vexetación mariña cumpre a mesma función que as plantas no medio terrestre, osixena o medio e transforma os sales en alimento para que a enerxía do sol chegue a tódolos recunchos da vida no mar, poñendo en marcha o ciclo mesmo da vida. Aínda que, as veces, o seu aspecto pódenos parecer pouco atractivo, temos que considerar o seu traballo permanente como mantedoras da vida no mar. Galicia, con máis de 1.600 km de litoral, non pode manterse allea á riqueza que supoñen as algas mariñas, pois as nosas costas colócannos nunha situación de privilexio para a súa explotación. Algas mariñas de Galicia contén un ambicioso tratamento das macroalgas e as microalgas, desde o punto de vista biolóxico, industrial e gastronómico. Cunha información abundante, claves para a identificación e o tratamento de temas como as purgas do mar ou o fitoplacton, e con numerosos debuxos, esquemas e fotografías, os autores poñen a disposición dos lectores un campo pouco tratado pero especialmente importante para Galicia.        

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego