Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ADEUS, PÁSTICO!

€19,90
ISBN 9788412249996

Chaves para unha vida sen residuos.

Sabías que, na historia de vida do plástico, só se reciclou menos do 10 % producido; que na natureza hai espalladas 6300 millóns de toneladas de plástico e que xa se atoparon microplásticos en alimentos como o azucre, o sal ou o mel? 

Este libro explica o panorama actual con cifras e datos chave, e está ateigado de consellos prácticos para cambiar os nosos hábitos e reducir os refugallos que xeramos en todos os aspectos da nosa vida cotiá. Un vademécum indispensable para ler, reler, subliñar, ter á man para consulta e chegar sempre á mesma conclusión: reducir é o R máis importante de todos e o noso futuro e o do planeta pasan por deixar de usar plástico e materiais desbotables até chegarmos a un residuo case cero. 

O plástico é un potente símbolo de modernidade, pero tamén das súas contradicións. As toneladas de residuos que infestan os océanos e os microplásticos que amezan a nosa saúde son o reflexo dunha sociedade baseada no crecemento ilimitado e no consumo sen control. A batalla contra o plástico xa está en andamento. Porén, con tantas dúbidas e sobreinformación, ás veces queremos cambiar de hábitos e non sabemos como.

Adeus, plástico! propón suxestións para varios niveis de implicación: principiantes que comezan a familiarizarse co tema, expertos que xa levan tempo tomando medidas para reducir a súa pegada ecolóxica e profesionais, empresas e institucións cuxo impacto ambiental ten maior repercusión. Elisa Nicoli (a autora de Limpeza creativa) e Chiara Spadaro explican o panorama actual con cifras e datos chave, deixan ao descuberto o problema dos plásticos de usar e desbotar (para o ambiente e tamén para a saúde humana), falan das consecuencias da obsesión pola reciclaxe e as alternativas posibles, e propoñen múltiples recursos e recomendacións prácticas para pasar á acción e vivir comodamente sen plástico.


____

Editorial: Catro Ventos
Idioma:   Galego