Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
MANEL MONTEAGUDO

MANEL MONTEAGUDO

Nacín en Cando, concello de Outes. Cando tiña dous anos trasladeime coa miña familia ao lugar de Corral de Orro, pertencente ao concello de Noia. A miña era unha familia de clase moi humilde e iso fixo que ao saír da escola, con 14 anos, me enrolase como engraxador nun buque pesqueiro-conxelador que facía a campaña de pesca en Suráfrica, na captura de pescada. Estiven nel nove meses (tempo que levou a campaña da pesca). A seguir enroleime nun buque mercante español, mais, con todo, como o salario non cubría as miñas aspiracións (14.000 ptas.), marchei para Hamburgo. Despois de estar hospedado durante catro días no Stella Maris, conseguín enrolarme, tamén de engraxador, nun buque mercante alemán. O primeiro salario que recibín superou todas as miñas expectativas, cobrei 360.000 pesetas ao cambio de marcos a pesetas. Era o ano 1974, daquela unha auténtica fortuna aquí en España. A economía no eido familiar mellorou un cen por cento. Entón eu comecei a estudar electricidade e electrónica naval por correspondencia. O 2 de marzo de 1977 tiven que me incorporar á Armada Española por mor de facer o servizo militar. Ao remate deste (17 de agosto de 1978) funme de novo para Alemaña e reincorporeime á mesma navieira en que estivera antes do servizo militar. Inscribíronme como oficial electricista nun mercante novo que saíra dos estaleiros no tempo que eu estivera facendo a mili. Quixera salientar que tiven a grande honra de ser o oficial máis novo de toda a mariña mercante alemá (tiña 21 anos). Neste buque estiven tan só cinco meses e medio dado que o 28 de febreiro do ano 1979 (ese día facía 22 anos) tiven un accidente gravísimo ao caer dende seis metros de altura á bodega do barco. Nese intre rematou a miña vida laboral, pola que tanto loitara. Por causa das secuelas que me deixou o accidente, estiven uns 35 anos sen poder facer unha vida normal, pois tiña constantes esvaecementos e caídas (cheguei a ter 14 diarias e precisaba de 10 a 15 minutos para recuperar a consciencia). Finalmente o 15 de outubro de 2014 déronme a alta médica, aínda que teño que tomar medicación o resto da miña vida.

No ano 2015 escribín un pequeno poemario que titulei Reflexións poéticas, autoeditado. Na actualidade, alén de escribir relatos, que publico semanalmente nas redes sociais, escribo poemas e prosa poética. Velaquí a orixe dos meus primeiros libros non autoeditados, Camiño á lagoa dos bardos (2019), De mariño a poeta (2021) e Mar e Vento (2021).

  • DE MARIÑO A POETA

    Manel Monteagudo
    €15,00

    Hoxe por fin cheguei a porto. Hoxe por fin salveime. Serio, como o delirio máis profundo, e triste, como a nostalxia máis seca. Resulta irónico sa...

    Ver todos los detalles
    €15,00
  • 54 AÑOS EN EL ARTE. 1969-2023

    DIEGO DE GIRÁLDEZ
    €21,90

    " Mi arte quiere ser arte, sobre todo y ante todo.Las sensaciones, las situaciones, las imágenes que trato demuestran el valor de los objetos. Las...

    Ver todos los detalles
    €21,90
  • VENTO FRÍO

    Manel Monteagudo
    €17,90

    Lonxe de acalmar, a borrasca recruaba. Os pensamentos de Robin tornáronse lúgubres. Creu que chegara a súa hora. Era un home novo e forte, mais le...

    Ver todos los detalles
    €17,90
  • O AFAGO DA BRISA DO MAR

    Manel Monteagudo
    €14,90

    Neste ocasión o mariñeiro e poeta Manel Monteagudo adéntrase na prosa poética e presenta un conxunto de textos onde a presenza do mar, como en tod...

    Ver todos los detalles
    €14,90
  • MAR E VENTO

    Manel Monteagudo
    €15,50

    “Versos de amor versos do vento.” ____ Editorial: GalaxiaIdioma: Galego

    €15,50
  • LABIRINTO DE SOÑOS

    Manel Monteagudo
    €14,90

    Quixera ser o teu soño na miña ausencia ,invadirte , velarte dende dentro ,cando non tes morriña de min , nin me pensas ,cando é imposible outro e...

    Ver todos los detalles
    €14,90
  • CAMIÑO Á LAGOA DOS BARDOS

    CAMIÑO Á LAGOA DOS BARDOS

    Manel Monteagudo
    €20,00

    Este é un libro que contén prosa poética e poemas. Onde o autor afonda sobre o amor e o desamor, á explotación infantil, o trafico de mulleres para...

    Ver todos los detalles
    €20,00