Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O NADADOR NO MAR SECERTO

€12,00
ISBN 9788419795847

Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.

Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte.

Traducido por Moisés Barcia

William Kotzwinkle (Pensilvania, 1938) é un escritor e guionista estadounidense especializado no xénero fantástico e de intriga, así como en literatura infantil e xuvenil. Porén, en 1975, tras perder o seu fillo acabado de nacer, escribiu a novela breve O nadador no mar secreto, nominada aos premios do Círculo de Críticos Literarios dos Estados Unidos. En 1997 gañou o World Fantasy Award e o National Magazine Award pola súa novela Doctor Rat. Ademais, escribiu o guión de películas como ET Pesadelo en Elm Street.

____

Editorial: Rinoceronte 05-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 88
NOVELAAnne Brontë
FICCIÓN, NARRATIVA