Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

XÁCOME O FATALISTA

€19,80
ISBN 9788491517375

Voltaire, Rousseau, Diderot. Século XVIII, Francia, luz do mundo.

Mais Diderot é o creador, o director, o artífice da Enciclopedia, ou Dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios. Os seus poderosos 28 volumes in folio, 17 de texto e 11 de soberbios gravados técnicos, son a base fundamental e fundadora da civilización común da Humanidade. Esa que uns anos despois adoptou o lema glorioso que nos guía: Liberdade, Igualdade, Fraternidade.

E ademais, Diderot é un delicioso escritor, que co seu Xácome nos leva a cabalo da fantasía polos meandros dun río con mil revoltas e afluentes: contos lixeiros, historias tremendas, filosofía, moral laica, pinchacarneiros, bromas e veras. Libro indefinible, divertido, marabilloso. Unha das novelas —ou conversas— máis fermosas do mundo.

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego