“Velaí sobre o fondo de mundialización, de fluidez, a envexa, o aburrimento e o amargor de todos; velaí o ar abatido daqueles aos que lles vai ben; velaí a iogurteira da clase media e a carne de canón mudada en neuronas en pé; velaí a “turbobécassine” e os “ciberxedeóns”; velaí o cinismo mercantil bañado en bágoas de crocodilo. Châtelet bótalle menos a culpa ao liberalismo que á forma bastarda da súa ideoloxía económica. Denuncia a impostura das súas pretensións morais e golpea contra o lirismo en disposición de celebrar a libre circulación de ideas, cando estas pronto terán desaparecido”.
François Sureau en L’Express (16-IV-98)
_____
Editorial: Laiovento 1999
Idioma: Galego