Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.

€17,95
ISBN 9788484874744

Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.

Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.

Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d’ Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos”.

En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.

Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio…, nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente” (X. M. Eyré).

Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica… Unha auténtica bomba de reloxería… Todo un pracer lector do que non convén privarse” (Armando Requeixo).

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego