«Quixemos editar este traballo realizado a finais dos 80 e comezos dos 90 do seculo pasado durante a estadía do irmán paúl Elixio Rivas, que viviu unha tempada en Vilafranca do Bierzo, no convento que tiñan os Padres Paúis na vila.
Esta circunstacia permitiulle visitar regularmente as parroquias obxecto do presente traballo, case todas nas terras de Corullón, polo que podemos dicir que este municipio é o centro de interese desta peculiar Cala no Bierzo occidental.
A personalidade, o gusto pola lingua e o método empregado por Elixio Rivas, coinciden ademais de cheo co espírito, a filosofía e o modus operandi do Padre Sarmineto, polo que cremos que non puidemos escoller mellor á hora de capitanear esta colección que pretendemos abrir de materiais para o galego no Bierzo».
(Prólogo de Héctor Silveiro)
____
Editorial: Positivas 12- 2019
Idioma: Galego