Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

UN XESTO DE TENRURA

€20,00
ISBN 9791399117028

Un xesto de tenrura é un libro con brillo de seu na sobriedade da forma, fascinante polas atmosferas e conmovedor na profundidade. Un libro nacido, segundo o autor, dun imposible que só o poema pode concibir: a posibilidade de acariñar o teu corpo mentres está a medrar no tempo. Este poemario agroma dos pasos da emigración e articula, desde a distancia, un reencontro íntimo co idioma e coa contorna que quedou atrás, coa familia e co pasado. É unha viaxe de volta á procura do lugar da voz e tamén o testemuño de que, nese regresar, o poema bate cos primeiros balbuceos, co abraio ante o mundo e coa “tenrura máis fonda de nomealo todo por primeira vez”, asegura Hermo para describir o que é, sen dúbida, o libro onde confirma a poderosa personalidade da sua escrita na poesía galega das últimas décadas

Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) deuse a coñecer con Crac (Premio Xuventude Crea 2010), libro ao que seguiu Celebración (Premio da Crítica de poesía galega e Premio Nacional de Poesía Moza «Miguel Hernández» 2014) e A vida salvaxe (Premio Afundación 2018). En 2019 publicou a novela Diario dun enterro, gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol. Con Un xesto de tenrura obtivo o XXII Premio Miguel González Garcés. É licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela

____

Editorial: Chan da Polvora 12-2025
Idioma: Galego