Un matrimonio provinciano é unha singular novela publicada en lingua italiana por vez primeira en 1885. A obra, escrita con mordaz ironía pola intelixente Marquesa Colombi, unha das pioneiras do feminismo en Italia, conta a historia en primeira persoa da moza protagonista, Denza Dellara
Un matrimonio provinciano é unha singular novela publicada en lingua italiana por vez primeira en 1885. A obra, escrita con mordaz ironía pola intelixente Marquesa Colombi, unha das pioneiras do feminismo en Italia, conta a historia en primeira persoa da moza protagonista, Denza Dellara, no decurso de case unha década, o transo que vai da puberdade á madureza, e que culmina coa asimilación dos modos e costumes da época. Denza percibe a súa propia vida como insubstancial e aburrida, o habitual nunha vila de provincias como é o caso da piemontesa Novara. Alí non fai senón matar o tempo —cun medo constante a avellentar— entre elucubracións e fantasías románticas, á espera e á procura dun mozo que teña a ben dicirlle de casaren.A historia é simple, honesta, sen enfeites nin grandes sorpresas; o que en verdade sitúa este texto noutro nivel literario é a capacidade de análise e crítica que a autora demostra, así como a maneira sutil e retranqueira coa que aguilloa unha sociedade apegada aos convencionalismos. Non é casual que en 1973 Italo Calvino rescatase do esquecemento esta sobranceira voz de muller e a incluíse na colección de novelas breves «Centopagine», que publicou entre os anos 1977 e 1985 a editorial torinesa Einaudi.

____